Muras instalará o 18 de abril o cargadoiro para a venda de poldros

TerraChaXa
Todos os animais deberán estar identificados e contar coa documentación regulamentaria correspondente
cargadoiro-cabalos-muras
25 Mar 2026

Despois do éxito das edicións iniciais, o Concello de Muras, en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, habilitará de novo un cargadoiro no recinto habitual da Feira do Poldro na Gañidoira. Será finalmente o 18 de abril, en horario de mañá. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa municipal da Marca Muras e permitirá aos veciños interesados vender os seus poldros para recría a esta asociación.

Desde a organización lémbrase que todos os animais deberán estar identificados e contar coa documentación regulamentaria correspondente. Para calquera dúbida ou para evitar problemas de loxística, os interesados poden contactar co teléfono 629 678 033.

Nas primeiras experiencias, que tiveron lugar o ano pasado, máis de cen poldros foron cargados e enviados a Navarra nunha iniciativa pioneira no termo municipal. Participaron gandeiros non só de Muras, senón tamén doutras zonas como próximas.

0.12667512893677