Muras organiza a carreira nocturna a Milla das Estrelas en setembro

TerraChaXa
As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o martes 8 a través da páxina web
carreira-das-estrelas-de-muras
29 Aug 2026

Tralo éxito do ano pasado, o Concello de Muras acollerá o venres 11 de setembro unha nova edición da Milla das Estrelas, unha carreira popular que se celebrará a partir das 21.00 horas con saída desde a Casa do Concello.

A proba, organizada no marco das Carreiras Populares de Terra Chá, forma parte do circuíto Terra Chá Challenge e está promovida pola Xunta de Galicia, a Unión Europea, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o GDR Terra Chá.

A Milla das Estrelas propón unha cita deportiva nocturna para todas aquelas persoas afeccionadas ao atletismo e ás carreiras populares, nunha contorna marcada pola paisaxe e o ambiente nocturno de Muras.

As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o martes 8 a través da páxina web terrachallenge.es.

A organización anima a veciñanza e ás persoas afeccionadas ao deporte a participar nesta nova edición da proba, que volverá reunir corredores e corredoras en Muras nunha xornada deportiva pensada para gozar do atletismo nun horario diferente ao habitual.

0.16999101638794