Muras organiza un curso gratuíto de iniciación á restauración en madeira durante os meses de novembro e decembro

TerraChaXa
A formación desenvolverase os martes, do 10 de novembro ao 22 de decembro, en horario de 16.00 a 20.00 horas na Casa do Médico
curso-restauracion-a-merca
6 Nov 2026

O municipio de Muras acollerá un curso de iniciación á restauración en madeira que se desenvolverá entre o 10 de novembro e o 22 de decembro, ambas as datas incluídas. A iniciativa está dirixida a persoas interesadas en coñecer as técnicas básicas para recuperar e restaurar pezas de madeira.

As sesións terán lugar todos os martes, en horario de 16.00 a 20.00 horas, na Casa do Médico de Muras. Trátase dunha proposta formativa que permitirá achegarse ao traballo artesanal coa madeira e adquirir nocións básicas sobre os procesos de restauración.

A actividade está impulsada pola Asociación de Mulleres Rurais de Muras coa colaboración da Deputación de Lugo.

As persoas interesadas en obter máis información ou participar no curso poden contactar con Fina no teléfono 649 00 64 44.

0.091003179550171