Muras reclama á Xunta a mellora do CEIP Antía Cal

TerraChaXa
O Concello de Muras vén de enviar á Conselleíra de Educación un informe no que dá conta dos problemas que ten o CEIP Antía Cal.
aula infantil colexio antia cal muras
14 Nov 2022

O Concello de Muras vén de enviar á Conselleíra de Educación un informe no que dá conta dos problemas que ten o CEIP Antía Cal e reclama a mellora das mesmas.

Indica nese informe que hai un deterioro importante do tellado, con lousas soltas que teñen un perigo inminente de caída, de feito algunhas xa caeron.  Hai tamén baixantes estreopeadas que provocan diferentes problemas no centro xa que moitas tamén están oxidadas.

O alcalde, Manuel Requeijo, explica que o centro foi feito no ano 1987 e durante estes anos non se volveu a facer obra no mesmo, "o único que se fai son parcheos e vese claramente que está deteriorado".

O dirixente municipal reclama "unha aportación para Muras porque temos a sensación de que temos que facelo todo nós".

En días pasados, o Concello realizou no centro unha serie de mellores na aula de Educación Infantil, xa que se pintou a aula e se lle deu un cambio de imaxe.

0.17907094955444