Muras remata as obras de rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética na escola de Silán

TerraChaXa
Situada no lugar de Rubaiño e construída no ano 1940, é un centro social de reunión de veciños, unha vez que foi pechada a escola unitaria
escola-de-silan
Escola unitaria de Muras
18 Nov 2024

O Concello de Muras rematou unha nova obra dentro do plan de actuación que se levou a cabo cos cartos do Fondo de Compensación Ambiental durante o presente ano e que ten un orzamento total de 506.083 euros.

Así, finalizou a obra de mellora da escola rural de Silán xunto a outras dúas.

A de Silán, situada no lugar de Rubaiño, o pé da estrada provincial LU-P-6502 e construída no ano 1940, é un centro social de reunión de veciños, unha vez que foi pechada a escola unitaria. A edificación é illada e de planta baixa, con cuberta a catro aguas, muros de pedra de gran espesor que soportan a estrutura do teito

As actuacións, cun orzamento de 38.258 euros, consistiron na renovación integral de portas e fiestras e a execución dun zócalo perimetral dun metro de altura para paliar os problemas de humidade. Tamén se fixo o pintado das estancias e o selado de fendas das fachadas.

Actúase tamén na escola de Irixoa de forma, na que invisten 166.517 euros. Trátase dunha pequena edificación illada nunha parcela de propiedade municipal. Recentemente instalouse na mesma un punto limpo, utilizando una nave existente, polo que comparte acceso con este. O uso orixinal do edificio era o de escola, empregada nos últimos anos como local social e atópase nestes intres sen uso algún, dado o seu mal estado de conservación.

A construción da antiga escola data do ano 1922, ao igual que outras moitas existentes na comarca, pola sociedade benefactora Vivero y su comarca, constituída por emigrantes galegos en Cuba co fin de contribuír á mellora da alfabetización na súa terra natal.

De cara a recuperar a habitabilidade do edificio e a mellora da súa eficiencia enerxética, farase a renovación completa da envolvente exterior do edificio, mediante a instalación de carpinterías metálicas dotadas de rotura de ponte térmico e dobre acristalamento con cámara de aire, e o illamento do conxunto da envolvente polo interior, executando un trasdosado de cartón xeso con illamento de la de roca incorporado no peche de fachada, unha soleira de formigón elevada, ventilada, e illada termicamente no chan, e un falso teito de cartón xeso á altura do existente, incorporando igualmente illamento térmico.

Xa remataron as obras na do Viveiró, nas que se fixo unha reforma cun orzamento de 59.073 euros. Esta escola é un edificio de propiedade municipal destinada a usos múltiples para os veciños, así como para a celebración de actividades do Concello. É un edificio dun andar de planta rectangular e cuberta de lousa a dúas augas. As carpinterías eran de aluminio de cor vermello sen rotura térmica e con persianas aloxadas en caixón de madeira. Cambiaron as ventás, de tipo corredizo, por outras de RPT, así como o cambio da fontanería interior.

0.16740703582764