Muras retoma as actividades de benestar físico e reforzo educativo

TerraChaXa
As persoas interesadas poderán anotarse o mesmo día na aula ou contactar co Concello por correo ou teléfono
actividades-muras
16 Sep 2026

O Concello de Muras pon en marcha este mes unha nova edición do seu calendario de actividades, con propostas de benestar físico e reforzo educativo dirixidas á veciñanza.

As actividades de benestar físico comezarán o luns 21 de setembro. Desenvolveranse de 17:00 a 18:00 horas na Escola da Balsa e de 18:30 a 19:30 horas na Casa do Médico.

Pola súa banda, as actividades de reforzo educativo están dirixidas ao alumnado de Primaria e dos dous primeiros cursos da ESO. Xa comenzaron e celebraranse todos os martes e mércores, de 17:00 a 18:30 horas, na Casa do Médico.

As actividades son gratuítas para a veciñanza. As persoas interesadas poderán anotarse o mesmo día na aula, escribir ao correo alcaldia@muras.gal ou chamar ao teléfono 982 500 001 para reservar praza ou solicitar máis información.

0.85038208961487