Muras volverá habilitar un cargador para a venda de poldros para recría o 12 de decembro

O Concello de Muras volverá habilitar o vindeiro sábado 12 de decembro, en horario de mañá, un cargador no recinto habitual da Feira do Poldro, na Gañidoira, para facilitar a venda de animais destinados á recría.
A iniciativa enmárcase nas actividades do programa municipal da Marca Muras e conta coa colaboración da Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, que participará na organización desta actividade dirixida aos veciños interesados na venda de poldros para recría.
Segundo recolle o bando municipal, todos os animais deberán estar debidamente identificados e contar coa documentación regulamentaria para poder participar na operación.
O Concello, presidido polo alcalde Manuel Requeijo Arnejo, fai pública esta convocatoria para xeral coñecemento das persoas interesadas.
Para resolver dúbidas ou evitar posibles problemas loxísticos, a organización facilita o teléfono de contacto 629 678 033.