Natalia Camiño recibe o premio do VIII Concurso de Fotografía da Muller Rural de Pastoriza

O tenente de alcalde de Pastoriza, Marcos García Lombardero, fixo entrega do agasallo a Natalia Camiño, gañadora do VIII Concurso de Fotografía da Muller Rural, que acudiu a recoller o premio acompañada da súa irmá, Laura Camiño, protagonista da fotografía premiada.
A imaxe gañadora transmite unha mensaxe de optimismo de cara ao futuro, cunha visión chea de oportunidades e ambición. A fotografía pon en valor o papel da muller rural e a súa capacidade para afrontar novos retos e construír un futuro con posibilidades.
O Concello de Pastoriza continúa así promovendo iniciativas que, a través da fotografía e da creatividade, contribúen a visibilizar o papel das mulleres e a fomentar a igualdade.