Nestor Rego defenderá nun acto público nas Pontes as propostas do BNG

TerraChaXa | FerrolXa
O encontro terá lugar o martes 17 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa Dopeso
bng-as-pontes-29N
16 Nov 2026

O Bloque Nacionalista Galego celebrará o martes 17 de novembro un acto público aberto á veciñanza na Casa Dopeso das Pontes, ás 20.30 horas, no que participarán Néstor Rego, candidato do BNG ao Congreso pola Coruña; Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño; Carmela Franco, portavoz municipal do BNG nas Pontes; e Alba García, integrante do grupo municipal local.

O encontro será unha oportunidade para achegar á veciñanza as propostas e prioridades do BNG, así como para abordar os principais retos que afronta Galiza e a importancia de contar cunha representación propia e comprometida coa defensa dos intereses do país no Congreso dos Deputados.

A participación de Néstor Rego permitirá coñecer de primeira man o traballo desenvolto polo nacionalismo galego nas Cortes Xerais e as propostas que o BNG pon enriba da mesa para defender os intereses da cidadanía galega. Pola súa banda, os representantes municipais compartirán tamén a súa visión sobre a realidade local e o traballo que o BNG está a desenvolver no eido municipal.

Desde o BNG das Pontes convídase a toda a veciñanza a participar neste encontro e a compartir un espazo de diálogo e intercambio de ideas.

0.23876786231995