Nete contará cun curso gratuito de memoria para mellorar a autonomía e o benestar diario

TerraChaXa
As sesións terán lugar todos os luns, en horario de 17:00 a 18:00 horas, e comezarán o vindeiro 16 de novembro
curso-de-memoria-en-nete
13 Nov 2026

O Concello de Vilalba pon en marcha un curso de memoria dirixido a coidar a saúde mental e mellorar o día a día das persoas participantes. A actividade desenvolverase na Escola de Nete e estará financiada polo Concello.

As sesións terán lugar todos os luns, en horario de 17:00 a 18:00 horas, e comezarán o vindeiro 16 de novembro. O obxectivo desta iniciativa é exercitar a memoria, estimular as capacidades cognitivas e favorecer a autonomía persoal.

O curso será totalmente gratuíto e as persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o propio 16 de novembro chamando ao teléfono 646 006 167 (Gelu).

Baixo o lema "Exercita a túa memoria, gaña autonomía!", esta proposta busca fomentar o coidado da mente e ofrecer unha actividade que contribúa a manter activa a memoria e mellorar a calidade de vida das persoas participantes.

0.094177961349487