Novo parón no aumento de casos de covid-19 na provincia

TerraChaXa
Un total de 77 altas conseguiron volver negativos os datos de crecemento do coronavirus na provincia.
covid 19 3
10 sep 2020

Un total de 77 altas conseguiron volver negativos os datos de crecemento do coronavirus na provincia. Deste xeito e con 26 casos activos menos que onte, Lugo declara 894 tras sumar 51 novos contaxios en 24 horas, dos que 12 corresponden ao brote da Milagrosa que xa se considera controlado polas autoridades sanitarias. De feito, no barrio relaxáronse as medidas impostas para o control do virus.

Por outra banda, contabilízanse oficialmente 54 falecidos pero sumando os últimos decesos, hai dous  máis, un deles ingresado no Polusa. A presión hospitalaria se mantén con só unha persoa máis ingresada pero aínda así son 66 as persoas que continúan nos hospitais públicos de refencia e no Polusa, 1 na Mariña, 3 en Monforte, 18 no Polusa e o resto no Hula. Tres deles están na UCI deste último.

Con estos datos, xa son 2.627 os casos acumulados desta enfermidade e 1.679 as altas ata o día de hoxe. Estes datos que falan dun posible control da situación na provincia saen o día no que os nenos comezan a volta ao colexio tras varios meses sen clases debido á pandemia.

GALICIA

Por outra banda, o Sergas informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.358 deles 1.407 son da área da Coruña, 894 da de Lugo, 473 da de Ourense, 402 da de Pontevedra, 348 da área de Vigo, 658 da de Santiago, e 176 da de Ferrol. Trátase de só 6 casos activos máis e soben só en Ourense e Pontevedra, no resto baixan un pouco menos en Ferrol, onde se manteñen. Os 276 casos curados axudan a que a cifra de crecemento hoxe sexa tan baixa.

Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 184 en unidades de hospitalización (3 máis) e 4.149 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.434 persoas curadas (276), rexistrándose 672 falecementos (4 máis).Os datos das residencias de Lugo, xa inclúidos onte na súa maioría, indican que xa son 260 (dous máis) os usuarios de centros galegos afectados e 87 os profesionais (10 máis).

0.36597990989685