O Vicedo fará unha saída micolóxica e unha ruta de tapas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O colectivo con vínculos no Vicedo, Nordés, organiza as sextas xornadas micolóxicas xa que o equinoccio de setembro marca o comezo dun sol estacional e dunhas choivas que, máis alá do solsticio de inverno, fan visible o reino dos fungos.
Encontro Eurodeputado
19 Out 2019
O colectivo con vínculos no Vicedo, Nordés, organiza as sextas xornadas micolóxicas xa que o equinoccio de setembro marca o comezo dun sol estacional e dunhas choivas que, máis alá do solsticio de inverno, fan visible o reino dos fungos. Os cogomelos precoces, os tardíos ou no seu tempo deciden xurdir e os membros do colectivo comezan camiñar as terras, a esvarar pola néboa dos piñeirais, a navegar os prados... Sempre en compaña. Porque o outono é para quen quere comer cogomelos máis dunha vez.
RUTA DE TAPAS. O venres 25 de outubro, no Vicedo, ofreceranse tapas elaboradas con cogomelos (2 euros/unidade) nos seguintes locais: Bar Santo Domingo, Bar San Esteban e Mesón O Remo. Dende as 20.00 horas poderase saborear callos de lingua de vaca, risotto de cogomelos con gambas e un guiso de tenreira cachena con níscalos.
SAÍDA AO MONTE. O sábado 26 de outubro, sairán ao monte co micólogo José Luis Cuba para aprender e resolver dúbidas sobre os cogomelos presentes nos diferentes hábitats da contorna. As prazas son limitadas e comezarán ben cedo, quedando ás 8.00 horas nun punto xa habitual: o estacionamento que hai na carretera Ortigueira-As Pontes, preto da saída da estrada de Mañón.
A actividade é de balde para a xente asociada a Nordés e ten un custe de 5 euros para aquelas persoas que non o están. É preciso anotarse no 653 756 454 ou en asociacion.nordes@gmail.com.
Para realizar unha boa práctica é preciso levar un cesto e navalla; recomendan tamén roupa e calzado axeitado, sen estar de máis ir cun bocadillo e bebida.
0.19139194488525