Nova edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá de Friol

TerraChaXa
O concello de Friol acollerá a súa tradicional Feira do Queixo e Pan de Ousá, que chega á súa 28 edición e que terá lugar o 22 de marzo.
88276407_2796655080383646_4932603062796681216_n
10 Mar 2020

O concello de Friol acollerá a súa tradicional Feira do Queixo e Pan de Ousá, que chega á súa 28 edición e que terá lugar o 22 de marzo.

Unha carpa ubicada na praza Andón Cebreiro acollerá arredor de 95 queixerías e 5 panaderías. A organización espera superar as cifras de participación de anos anteriores, que foron arredor dos 12.000 queixos e 3.500 pezas de pan.

Preto da carpa tamén situarase o stand municipal, onde ao mediodía os asistentes poderán degustar de balde os principais produtos, pan e queixo, acompañados dun viño. Ademais, arredor desta instalación, o Concello colocará stands onde poderán mercarse outros produtos agroalimentarios do concello, como carne, mel e ovos, entre outros.

Durante a celebración da feira permanecerán pechadas ao tráfico as rúas Deputación e Santa Isabel, onde se instalarán as pulperías e tendas ambulantes. 

O programa dará comezo ás 10.00 horas co lanzamento de foguetes, para, media hora máis tarde, asignar os stands ás queixeiras e panaderías participantes. A feira abrirá as súas portas ao público ás 11.00, co tradicional corte de cinta, que este ano correrá a cargo dunha panadeira.

A festa estará amenizada polos grupos Xesta Verde e a Charanga de Vilalba, e xa cara ás 19.00 horas haberá un concerto folk a cargo de Airiños da Freba que será no Centro Sociocultural de Friol.

Xa pola noite será a quenda da romaría e da orquestra Los Satélites que poñerá o broche final a feira, que se clausurará sobre as dúas da madrugada.

O Concello habilitará un aparcadoiro nas instalacións do Mercado Municipal e nas rúas do Polígono Industrial.

88276407_2796655080383646_4932603062796681216_n
0 1
0.19458699226379