Novo radar de control de velocidade na LU-540 en Roupar

TerraChaXa
A Dirección Xeral de Tráfico instalou un novo radar na estrada LU-540 (Viveiro-Cabreiros) no quilometro 35, ao seu paso pola parroquia de Roupar.
7e67d56b 0053 407f bfe3 6f9a000f86d0
24 Abr 2018

A Dirección Xeral de Tráfico instalou un novo radar na estrada LU-540 (Viveiro-Cabreiros) no quilometro 35, ao seu paso pola parroquia de Roupar.

O radar colocouse na marxe dereita da calzada cando se vai dende a costa lucense ata o interior da comarca, ademais está nun tramo de curvas na que a velocidade xa está limitada a 60 quilómetros por hora. É  o segundo radar fixo que se instala na provincia de Lugo, o outro está colocado na costa do Oural, pero este está nun tramo de máis de dous quilómetros de recta. Fai poucas semanas instalouse na autovía do Cantábrico A-8, deica o alto de O Fiouco un radar de tramo duns cinco quilómetros.

0.22857308387756