O 2020 trouxo unha redución na siniestrabilidade das estradas

TerraChaXa | LugoXa
7 Feb 2021

As vías interurbanas de Galicia rexistraron en 2020 o menor número de falecidos por accidentes de tráfico desde que existen rexistros oficiais. Un total de 70 persoas perderon a vida nas estradas galegas, segundo o balance provisional de siniestralidade viaria da Dirección General de Tráfico, 18 menos que no ano 2019, un 8% menos que no ano anterior (88 falecidos) e un 25% inferior á media dos últimos cinco anos. Segundo o balance anual, dez anos antes a cifra de falecidos chegou a 179 vítimas, e no 2000 perderon a vida 473 persoas nas estradas galegas.

Sen dúdiba estas cifras están marcadas pola redución da mobilidade viaria a causa da pandemia da covid-19 e o periodo de confinamento domiciliario, pero as esperanzas dos expertos é que estos descensos acadados poidan consolidarse neste ano. A maior baixada deuse no acceso ás cidades mentres que a circulación interprovincial se veu menos afectada.

O ano 2020 veu tamén reduccións significativas no número total de accidentes rexistrados con vítimas, accidentes mortais e feridos, de carácter leve o grave. Nas vías interurbanas rexistráronse o ano pasado 2.020 accidentes con vítimas, un 26% menos que o ano anterior (2.783 accidentes) dos que 67 foron accidentes con falecidos, un 19% menos que en 2019 (83 accidentes mortais). No que respecta aos feridos, os sinistros na estrada ocasionaron 327 feridos graves (19% menos que en 2019) e 2.589 feridos leves (32,2% menos que o ano anterior).

Por provincias, o maior descenso deuse na provincia da Coruña, cunha diminución da siniestralidade mortal do 36% seguida de Lugo. Pontevedra rexistrou a mesma siniestralidade mortal que o ano anterior mentres que Ourense representa o lado contrario ao sumar unha vítima mortal ás cifras de 2019.

Tipoloxía de accidentes e vítimas

Na liña co habitual das estatísticas, o 88,5% dos accidentes mortais de 2020 deuse en vías convencionais e preto da metade destes sinistros foron causados por saídas de vía seguido polas colisións nas súas diversas variantes.
Compre destacar o importante descenso que se deu o ano pasado nos atropelos mortais. Unha tipoloxía que ocasionou preocupación en anos anteriores polo aumento da incidencia en Galicia e que en 2020 protagonizou 6 accidentes mortais nas estradas galegas frente aos 21 do ano anterior. Un descenso do 70% no que se reflicte a maior concienciación dos peóns que circulan polos arcéns das estradas e as campañas de fomento da visibilidade dos mesmos.

No que respecta á idade das vítimas, sinalar que en 2020 rexistrouse un descenso significativo na franxa de idade superior aos 55 anos. En 2019 houbo 36 vítimas superiores aos 55 anos, das que 24 eran maiores de 65 anos. En 2020 as vítimas destas idades diminuíron ata o 25 falecidos, un 30% menos que no ano anterior. Pola contra, a maior incidencia produciuse na franxa de idade que vai dende os 35 aos 54 anos, onde se concentran o 35,7% dos falecidos en estrada. Non se rexistraron, ao igual que en 2019, vítimas menores de 14 anos.

0.091732978820801