O Abadín CF despide ao seu capitán Regueira

TerraChaXa
Os actos conmemorativos arrincarán ás 19.30 horas no campo Municipal de Abadín coa disputa dun emocionante partido de fútbol
regueira-abadin-fs
11 Jul 2026

O Abadín CF prepara unha cita moi especial para o vindeiro sábado 18 de xullo co obxectivo de render unha merecida homenaxe ao seu capitán, Regueira, quen colga as botas deixando unha pegada imborrable tras anos defendendo as cores do club.

Os actos conmemorativos arrincarán ás 19.30 horas no campo Municipal de Abadín coa disputa dun emocionante partido de fútbol que enfrontará aos Amigos de Regueira contra o propio Abadín CF.

Unha vez rematado o encontro, a celebración trasladarase ás Casetas da feira en Gontán, onde a partir das 22.00 horas terá lugar unha cea de confraternización para a que se deseñou un menú especial por un prezo de 35 euros, o cal inclúe filloa rechea, xamón cocido, paella, churrasco, sobremesa, café e licores.

A xornada festiva non rematará co bocado, xa que a organización ten programada animación musical para toda la noite da man de Dj Puzzle. As persoas interesadas en asistir á cea poden adquirir os seus tíckets en Comercial Agrodicam ou contactando directamente con calquera dos membros da directiva habilitados para a venta, como Rubén (698 128 850), Antonio (606 220 073), Ramil (677 258 753) ou Jose (600 308 500).

Desde o Abadín CF fan un chamamento a toda a veciñanza e afección para que se sumen a este evento e fagan deste un día inesquecible, despedindo por todo o grande a unha das lendas máis significativas do club.

0.11963391304016