O alcalde das Pontes anuncia a creación dun área recreativa na Fraga

TerraChaXa
O alcalde das Pontes anunciou, durante unha visita ás obras da Caseta do Pulpo, a creación dunha área recreativa no Parque da Fraga, á beira do río Eume, co obxectivo de poñer en valor e dotar de maior dinamismo a unha zona emblemática do municipio.
A Barosa 1
24 Aug 2018

O alcalde das Pontes anunciou, durante unha visita ás obras da Caseta do Pulpo, a creación dunha área recreativa no Parque da Fraga, á beira do río Eume, co obxectivo de poñer en valor e dotar de maior dinamismo a unha zona emblemática do municipio.

Esta área, que incluirá ó Muíño de Prieto, ó edificio sociocultural do Hexágono e á Caseta do Pulpo, reunirá, en palabras de Valentín González Formoso, “as condicións idóneas para a realización de actividades de lecer e tempo libre nun entorno privilexiado, nunhas instalacións modernizadas e acondicionadas ós usos e necesidades actuais, permitíndonos impulsar unha zona de recreo, pasatempo e convivencia para todos os veciños”.

Durante a visita ás obras, o alcalde, acompañado do concelleiro de Servizos, Medio Rural e Seguridade Cidadá, Antonio Castro, quixo remarcar a importancia dos traballos que se están levando a cabo na Caseta do Pulpo xa que “permiten a reforma integral da instalación e, unha vez rematados, os veciños disporán dun espazo de calidade, completamente equipado e cunha nova distribución e dotación dos espazos, óptima para o desenvolvemento de actividades sociais e celebracións”.

Entre as actuación levadas a cabo na instalación municipal destacan a substitución da cuberta, a mellora do revestimento e illamento do local, a reforma dos aseos, a mellora da accesibilidade e o incremento das medidas de seguridade contra o risco de incendio.  Entre as traballos que están previstos acometer, o goberno local contempla a creación dun parque infantil aberto, á carón da Caseta do Pulpo, para completar a reforma integral e a oferta de servizos na zona.

González Formoso tamén recordou que , co propósito de mellorar a xestión das instalacións e o sistema de reservas,  “o Concello está elaborando unha ordenanza municipal de regulación do uso da Caseta do Pulpo e o Muíño de Prieto para propiciar e garantir a utilización compartida,  facilitar a posta en marcha, por parte de toda a veciñanza, de actividades culturais, de lecer e sociais, e velar pola correcta conservación e mantemento dos espazos públicos”.

Escola Municipal Infantil

O alcalde tamén visitou as obras de renovación e mellora do edificio da Escola Municipal Infantil A Barosa, iniciadas a semana pasada. Os traballos permitirán mellorar o acceso principal á escola infantil e ampliar a carpintería na rampla de entrada para crear unha protección contra o vento e a choiva así como a substitución dos pavimentos no acceso do centro, no corredor interior e da súa zona anexa e o acondicionamento do patio exterior co obxectivo de potenciar o seu uso.

O alcalde remarcou que o obxectivo das actuacións e manter, conservar, mellorar e potenciar o uso dunha instalación educativa que leva vinte anos axudando ás familias do municipio a conciliar a vida laboral e familiar.

Caseta Pulpo 2
0.16719508171082