O alcalde de Outeiro de Rei reúnese co delegado da Xunta para abordar novas colaboracións

LugoXa | TerraChaXa
Arias destacou traballos como a concesión de 36.000 euros para mellorar o parque infantil do Salete e 33.500 para actuacións en espazos naturais
reunion-alcalde-outeiro-de-rei
8 Apr 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, reuníronse hoxe na Delegación Territorial de Lugo para analizar temas de interese municipal que competen a ambas administracións e seguir cooperando no impulso de novos proxectos.

Arias destacou as colaboracións máis recentes, como a concesión de 36.000 euros para mellorar o parque infantil do Salete e 33.500 euros para actuacións en espazos naturais – este último conxuntamente co concello de Cospeito -. Ambas axudas foron aprobadas pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con cargo aos programas de apoio a entidades locais do 2024.

⚙ Configurar cookies
0.16693902015686