O alumnado do IES Pedregal de Irimia fixo unha xornada sobre a tradición da malla

TerraChaXa
Participou o alumnado de 3º e 4º da ESO
charla-pedregal-de-irimia-malla
Un momento da charla no IES Pedregal de Irimia
18 Maio 2024

O presidente da Asociación de Amigos da Malla de Meira e dous membros máis da mesma acudiron a conversar co alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Pedregal de Irimia para darlles a coñecer o seu labor de divulgación dos traballos tradicionais que leva consigo o proceso de elaboración do pan, dende a sementeira do trigo ata a malla propiamente dita.

O encontro celebrouse na biblioteca do centro, que se encheu de malles, aixadas, forquitas e outros apeiros utilizados tradicionalmente para levar a cabo estas tarefas e que trouxeron para ilustrar as súas explicacións.

Esta charla encádrase dentro do proxecto Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional que se está a realizar no centro, dentro do Plan Proxecta.

0.19344115257263