O Auditorio Municipal de Vilalba acolle o concerto 'Na casa delas' do cuarteto vocal Son de Corda

TerraChaXa
O recital celebrarase este domingo 10 de maio ás 20.00 horas no Auditorio Municipal de Vilalba
son-de-corda
9 May 2026

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), co patrocinio e financiamento da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o concerto Na casa delas, unha proposta musical que estará protagonizada polo cuarteto vocal lucense Son de Corda.

O recital celebrarase este domingo 10 de maio ás 20.00 horas no Auditorio Municipal de Vilalba e contará coa participación das voces de Esperanza Iglesias, Carmen Prendes, Fernando G. Jácome e Antón Castro.

No espectáculo tamén colaborarán Raúl Rodríguez ao piano e María Pichín na parte de danza, nunha montaxe que combinará música e expresión corporal. A realización dos vídeos correrá a cargo de Manuel Lucas e Alejandro Gándara.

A iniciativa enmárcase na programación cultural promovida polo Iescha co apoio institucional da Deputación de Lugo e do Concello de Vilalba.

0.11438894271851