O Belén de Begonte abrirá as súas portas o 30 de novembro

LugoXa | TerraChaXa
O acto, que será ás 18.00 horas no salón de actos do Centro cultural José Domínguez Guizán, abrirá 53ª edición do Belén begontés
inauguracion-do-belen-begonte
Inauguración do Belén de Begonte no ano 2023
14 Nov 2024

O 30 de novembro abrirase o Belén de Begonte co pregón do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia, Román Rodríguez González.

Este acto, que será ás 18.00 horas no salón de actos do Centro cultural José Domínguez Guizán abrirá a 53ª edición do Belén begontés, que terá dous meses de actividades arredor do Belén Electrónico e do Museo do Belén.

Así, o Belén vai funcionar ata o 1 de febreiro de 2025, con tres horarios diferentes: do 1 a 19 de decembro abrirá os sábados, domingos e festivos de 11.00 a 13.00 horas e 16.00 a 19.00 horas; do 20 de decembro ao 6 de xaneiro de 2025 abrirá todos os días, de 11.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas; e do 7 ao 26 de xaneiro abrirá os sábados, domingos e festivos, de 16.00 a 19.00 horas.

0.15894794464111