O Belén de Begonte incorpora dúas novas figuras, unha delas con movemento, na súa LV edición

TerraChaXa
Unha das pezas é estática e rende homenaxe a Jesús Domínguez Guizán, párroco de Begonte e impulsor do Belén durante case catro décadas, falecido recentemente
belen-electronico-de-begonte
19 Nov 2026

O Belén de Begonte contará este Nadal con dúas novas figuras, unha delas dotada de movemento, que se incorporan á súa representación. Ambas son obra de Ramiro Cruz Gómez, un dos coidadores do nacemento, que se estrea este ano na confección de figuras, unha experiencia que abre a porta a novas incorporacións no futuro.

Unha das pezas é estática e rende homenaxe a Jesús Domínguez Guizán, párroco de Begonte e impulsor do Belén durante case catro décadas, falecido recentemente aos 93 anos. A figura quere lembrar a súa dedicación e o papel fundamental que desempeñou na consolidación desta iniciativa.

A segunda incorporación é unha figura móbil que representa o traballo dos antigos canteiros artesanais, aqueles que picaban a pedra destinada ás construcións. Trátase dunha homenaxe a un oficio tradicional que forma parte da memoria da actividade artesanal e que hoxe xa é historia.

O Belén de Begonte abrirá as súas portas o vindeiro sábado, coincidindo coa celebración da súa LV edición. A inauguración contará co pregón do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles Remy, previsto para as seis da tarde.

0.15635204315186