O belén de Begonte volverá abrir as súas portas o día 1 de decembro

TerraChaXa
Os tres directivos responsables do funcionamento e atención ao belén están dando os últimos toques á instalación
os-tres-resposables-do-belen-de-begonte
7 Nov 2024

Os tres directivos responsables do funcionamento e atención ao Belén de Begonte están dando os últimos toques á instalación para que todo estea a punto para comezar a funcionar a finais do presente mes.

Carlos Torres Llamas, Jesús Veiga Sangiao (Sito) e Ramiro Cruz Gómez levan traballando desde mediados de outubro revisando a instalación, incorporando figuras e reestruturando a situación de outras para que no Belén da próxima tempada e no Museo do Belén se aprecien importantes cambios.

O Belén abrirá as súas portas o 30 de novembro ata finais de xaneiro de 2025, cun horario similar ao do ano pasado. Así, entre o 1 e o 19 de decembro só abrirá os sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas. Entre o 20 de decembro e o 6 de xaneiro o horario amplíase a todos os días na mesma franxa horaria.

Unha vez rematado o Nadal, poderá visitarse tamén do 7 ao 26 de xaneiro os sábados, domingos e festivos de 16.00 a 19.00 horas. Para visitas colectivas, haberá que concertar cita previa no teléfono 610 907 306.

0.16204905509949