O belén reivindicativo de Momán quéixase da situación sanitaria
Un ano máis, a parroquia de Momán, en Xermade, conta co seu tradicional belén reivindicativo, realizados polos veciños baixo a dirección do cura Patiño.
Xa abriu as portas ao público esta fin de semana e volven facer unha reclamación respectuosa, de protestas e de homenaxe onde as principais reivindicacións xiran en reclamar máis centros de día "moinecesarios para os nosos maiores" e unha sanidade pública gratuíta e de calidade para todos.
"Queremos que haxa máis axudas á cociña económica e ás familias con poucos recursos, sen esquecer tamén a protección necesaria aos desprazados polas guerras", engade Patiño.
Dous grandes carteis colgan do nacemento, un referente a Sanidad, na loita das aldeas para que non pechen os centros médicos e outro celebrando o día de Nadal con unha serie de valores "amor, respecto, tolerancia, empatía, etc".
O de Momán está situado na Capela de San Antón e para visitalo hai que falar con Amador.