O belén reivindicativo de Momán quéixase da situación sanitaria

TerraChaXa
Un ano máis, a parroquia de Momán, en Xermade, conta co seu tradicional belén reivindicativo, realizado polos veciños e o cura Patiño.
belen moman
belen moman
13 Dec 2022

Un ano máis, a parroquia de Momán, en Xermade, conta co seu tradicional belén reivindicativo, realizados polos veciños baixo a dirección do cura Patiño.

Xa abriu as portas ao público esta fin de semana e volven facer unha reclamación respectuosa, de protestas e de homenaxe onde as principais reivindicacións xiran en reclamar máis centros de día "moinecesarios para os nosos maiores" e unha sanidade pública gratuíta e de calidade para todos.

"Queremos que haxa máis axudas á cociña económica e ás familias con poucos recursos, sen esquecer tamén a protección necesaria aos desprazados polas guerras", engade Patiño.

Dous grandes carteis colgan do nacemento, un referente a Sanidad, na loita das aldeas para que non pechen os centros médicos e outro celebrando o día de Nadal con unha serie de valores "amor, respecto, tolerancia, empatía, etc".

O de Momán está situado na Capela de San Antón e para visitalo hai que falar con Amador.

0.071830987930298