O BNG das Pontes denuncia a caótica situación a matriculación nas escolas municipais

TerraChaXa
Afirma que o Concello segue sen regular dun xeito ordenado as inscricións nas escolas deportivas e nas clases de natación e actividades guiadas na piscina
escolas-deportivas-rabade
26 sep 2024

"O día de onte e máis este vimos de presenciar como veciños e veciñas andan a queixarse, un ano máis, do funcionamento do proceso de matriculación nas escolas municipais de deportes", relatou o BNG qe asegura que a concellería de Deportes do concello segue sen regular dun xeito ordenado as inscricións nas escolas deportivas e nas clases de natación e actividades guiadas na piscina.

Segundo indican "outro ano máis, xérase un caos durante as inscricións, en primeiro lugar, polo horario destas a primeira hora do día, provocando unhas colas dende as 6 da mañá para evitar quedar sen praza. En segundo lugar, este procedemento segue sen estar regulado como si está na área de Cultura. No caso que ocupa, o procedemento está anunciado en redes e cada ano dunha forma diferente e, neste caso, faise ver a fenda dixital. O 50% das matrículas cóbrense acudindo presencialmente na casa do Concello e outro 50% enviando por email cando xa se ve que o procedemento presencial e en papel é o que maior acollida ten e maiores colas provoca".

Dende o grupo municipal do BNG solicitan que se estableza xa un "criterio lóxico e con sentido que teña en conta as características da veciñanza cun proceso regulado e menos propenso á acumulación da xente e que sexa quen de dar unha solución satisfactoria ao caos que ten lugar".

0.1026930809021