O BNG de Begonte critica que "o alcalde rexeite a moción para instar ao Mitma, CHMS e Adif a limpar as súas zonas"

TerraChaXa
O concelleiro do BNG en Begonte, Pablo Ares, presentou unha moción no pasado Pleno celebrado o 17 de novembro,  instando ao Concello de Begonte a que solicitara ao Mitma, Adif e Confederación Hidrográfica  que manteñan as súas zonas de influencia limpas, para que así non se volvan repetir as inundacións de anos anteriores.
Begonte bng chms limpeza mitma
Begonte bng chms limpeza mitma
19 Nov 2023

O concelleiro do BNG en Begonte, Pablo Ares, presentou unha moción no pasado Pleno celebrado o 17 de novembro,  instando ao Concello de Begonte a que solicitara ao Mitma, Adif e Confederación Hidrográfica  que manteñan as súas zonas de influencia limpas, para que así non se volvan repetir as inundacións de anos anteriores.

Estas administracións non realizan mantemento nas súas áreas de influencia ao redor dos ríos Parga  e Ladra, co cal cada vez que temos uns episodios de choiva abundantes  a veciñanza esta “nun sen vivir” co medo no corpo polos posibles asolagamentos que se producen nesta zona do concello de Begonte.

“Se estas tres administracións tiveran feito durante o verán traballos de mantemento, roza e sacar árbores caídas das canles dos ríos e das cunetas da N- VI a veciñanza non tería que preocuparse polo que lles vai pasar nas súas casas, recordando o acontecido durante o inverno pasado” manifestou o concelleiro do BNG

“Non entendemos como o Sr. Alcalde pode votar en contra dunha moción que o único que pretende é mellorar a situación das persoas que viven nas zonas de influencia deste ríos” concluíu o concelleiro nacionalista.

0.12271404266357