O BNG de Foz solicita no Pleno a apertura da biblioteca tamén pola tarde

TerraChaXa | AMariñaXa
O BNG de Foz presentou unha moción na que solicita a inmediata reapertura da biblioteca municipal no seu horario habitual de mañá e tarde.
8 Jan 2019

O BNG de Foz presentou unha moción na que solicita a inmediata reapertura da biblioteca municipal no seu horario habitual de mañá e tarde.
Lorena Seivane García e María Teresa Rego Cabanas, como concelleiras do Grupo Municipal do BNG en Foz, ao abeiro da lexislación vixente, presentaron esta moción na qu eexplican a biblioteca municipal ao estar pechada pola tarde, privando así a moita xente do seu uso.
"Foron varios os veciños que reclamaron a súa posta en funcionamento normal. Estudantes, traballadores e demais usuarios vense ante a imposibilidade de ir, coma antes, a consultar documentación, ler ou facer uso dos ordenadores, xa que o seu horario impídelles acudir polas mañás".
O peche, en principio casual e temporal, da Salgado Toimil débese á baixa médica da bibliotecaria, mais ao BNG sóalle "de novo a unha escusa e a unha nova incompetencia do equipo de goberno, que durante meses obvia esta circunstancia e mira para outro lado, agardando que o problema se solucione só".
 

0.15803599357605