O BNG de Guitiriz animou a participar na mobilización contra a crise de prezos

TerraChaXa
O BNG en Guitiriz anima á veciñanza a participar na mobilización contra a crise de prezos cun reparto informativo da campaña
reparto bng guitiriz mobilizacion prezos
reparto bng guitiriz mobilizacion prezos
12 dic 2022

O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz desenvolveu un reparto informativo na feira de Parga dentro da campaña Fagamos Valer Galiza, contra a crise de prezos, hai alternativas, na que se presentou o decálogo de medidas da formación nacionalista ante o brutal incremento dos prezos e conviodouse á veciñanza a sumarse á mobilización que o BNG organiza este 18 de decembro en Compostela. A saída será ás 12 horas da Alameda.

Algunha das medidas urxentes do decálogo do BNG son, por exemplo, incrementar a presión fiscal ás grandes empresas e patrimonio coa persecución da fraude fiscal, o impulso á mocidade, ás PEME’s ou a intervención no mercado eléctrico e o da vivenda. Todas elas teñen por obxectivo dotar a Galiza dunha alternativa á política de austeridade e de recorte do Partido Popular.

O concelleiro do BNG en Guitiriz, Xosé Lois González Pereira declarou “este 18 de decembro mobilizámonos para esixir medidas para unha saída xusta desta crise, non podemos consentir a parálise da Xunta de Galiza como do Goberno do Estado”.

Neste senso, Pereira sinalou “facemos un chamamento á veciñanza de Guitiriz para que se mobilice co BNG, hai alternativas para facernos valer e deter o empobrecemento das galegas e galegos”.