O BNG de Outeiro de Rei mostra o seu apoio aos traballadores en folga de Inoxidables de Rábade

TerraChaXa
O voceiro do BNG en Outeiro de Rei, Xosé Ferreiro, visitou aos traballadores da empresa Inoxidables de Rábade na súa factoría de Outeiro de Rei para expresarlles o apoio do BNG así como súa solidariedade.
14 Jun 2018

O voceiro do BNG en Outeiro de Rei, Xosé Ferreiro, visitou aos traballadores da empresa Inoxidables de Rábade na súa factoría de Outeiro de Rei para expresarlles o apoio do BNG así como súa solidariedade. Do mesmo xeito, vai estar hoxe mesmo na concentración destes traballadores diante da empresa mentres se produce a reunión dos seus representantes coa dirección, pois ante un conflito como este, non se pode ser neutral e hai que estar sempre ao carón dos explotados, nunca dos explotadores”, asegurou o concelleiro nacionalista.

O que acontece nesta empresa é moi representativo de como se actuou neste país durante os últimos anos, pois usando a desculpa da crise económica e coas reformas laborais de Zapatero e Rajoi como arma contra as traballadoras e traballadores, esta empresa multiplicou a súa produción mentres que os custes laborais baixaban.

O BNG de Outeiro anunciou que para o próximo pleno, prevista para remates deste mesmo mes de abril, vai presentar unha iniciativa para que a Corporación Municipal exprese a solidariedade e apoio ao persoal desta empresa e para que este se dirixia á dirección da empresa instándoa a que lle dean unha solución, recoñecendo o traballo do persoal e dándolles unhas condicións laborais acordes á evolución económica e de produción desta factoría.

Do mesmo xeito, non podemos máis que lamentar a actitude do Alcalde na reunión do pasado mércores, pois non só non tivo detalle de visitar a estes traballadores dunha empresa do concello, senón que despois de que estes forzaran a reunión situouse nunha equidistancia das partes totalmente inaceptable.

Un alcalde ten que estar sempre do dado dos veciños do seu concello, que ademais neste caso é a parte máis débil do conflito, e nunca dos poderosos polo feito de selo. Cando goberno o BNG en Outeiro, esa será sempre unha premisa de actuación”, asegurou Xosé Ferreiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17170286178589