O BNG de Vilalba designa a Alfonso Baamonde Fernández como novo concelleiro

TerraChaXa
Substituirá a Tino Alvite e afronta esta nova etapa coa vontade de achegar ideas e traballar pola mellora do municipio
afonso-baamonde-bng-vilalba
5 Oct 2026

A asemblea local do BNG de Vilalba acordou designar a Afonso Baamonde como novo concelleiro da formación nacionalista no Concello de Vilalba, en substitución de Tino Alvite.

Baamonde quixo trasladarlle o seu agradecemento a Tino Alvite polo traballo desenvolvido ao longo desta etapa en favor da veciñanza de Vilalba e expresou o seu desexo de estar á altura do labor realizado polo seu antecesor.

Afonso Baamonde conta cunha ampla vinculación co tecido asociativo. Esta traxectoria permítelle coñecer de preto as inquedanzas e necesidades da veciñanza, unha experiencia que agarda trasladar agora ao seu labor municipal.

O novo concelleiro asume esta responsabilidade «con ilusión e con ganas de achegar ideas para contribuír a facer de Vilalba un concello mellor».

Con esta incorporación, o BNG de Vilalba dá continuidade ao seu traballo municipal, incorporando a experiencia e a visión dunha persoa vinculada ao asociacionismo local.e ao nacionalismo.

0.1340479850769