O BNG desvela a falta de facultativos e o abandono continuo en varios concellos

LugoXa | TerraChaXa
Pon como exemplo a situación que viven Baleira, Doiras, San Román, Cervantes o Cádavo ou Castro de Rei
concentracion-centro-saude-castroverde-bng
6 sep 2024

A vice-portavoz do BNG, por Lugo, Olalla Rodil ven de denunciar a falta de facultativos en centros médicos, dependentes da Sergas, en varios concellos de Lugo. "En Baleira están sen servizo médico durante polo menos unha semana e estaremos vixiantes de que esta situación non se prolongue" asegurou Rodil que engadiu "situación similar vivise en Doiras, no concello de Cervantes, onde quedaron sen médico e tampouco contaron con médico nin enfermeira en San Román". A continúa falta de servizos médicos e de enfermería nos concellos de Lugo é unha constante derivada da falta de previsión e organización por parte da Xunta de Galiza e do PP que a dirixe na actualidade.

O BNG tamén está participando todos os meses nas concentracións que, en Castro de Rei, reclaman a apertura do seu centro médico. "No último pleno o BNG presentou unha moción para instar ao alcalde a que se posicionara do lado da veciñanza e lle esixise á Xunta de Galicia a apertura do centro de saúde, esta moción ía acompañada de 200 sinaturas recollidas polas parroquias afectadas. O PP votou en contra desta moción" explicou a vice-portavoz do BNG.

Ademais a formación nacionalista tamén organizou mobilizacións na Fonsagrada para reclamar unha sanidade pública digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Recriminaronselle ao PP as “ocorrencias” para reforzar os servizos durante o verán “ocorrencias que á Fonsagrada nin chegan” dixo Rodil. Temos que ter en conta que a poboación na montaña lucense aumenta durante o verán co cal a presión asistencial foi maior mentres non se cubrían as vacacións do persoal sanitario.

0.12485313415527