O BNG de Outeiro lamenta a negativa do PP a impulsar unha senda verde no Concello

TerraChaXa
O BNG de Outeiro lamenta profundamente que non fora o pleno no seu conxunto e de forma unánime quen solicitase á Deputación que procedese a construír unha senda verde, un carril para persoas e bicicletas, entre as urbanizacións de Guillar e o núcleo de Martul, senda que pasaría por Marcelle Natureza e polo Caneiro do Piago, dous dos lugares máis emblemáticos do concello.
8 Mar 2020

O BNG de Outeiro lamenta profundamente que non fora o pleno no seu conxunto e de forma unánime quen solicitase á Deputación que procedese a construír unha senda verde, un carril para persoas e bicicletas, entre as urbanizacións de Guillar e o núcleo de Martul, senda que pasaría por Marcelle Natureza e polo Caneiro do Piago, dous dos lugares máis emblemáticos do concello. Dende a organización nacionalista manifestaron que levaron esta proposta de solicitude ao Pleno porque crían "que feito por ese órgano por unanimidade tería máis forza ante a Deputación, pero por desgraza foi imposible".

Este camiño transcorre por unha estrada da Deputación e por el transitan a diario moitas persoas para facer os seus paseos diarios ou para facer deporte. Moita desta xente son persoas maiores así como nenos e nenas, os cales debido ás características desta estrada teñen que facelo pola propia calzada, creándose unha situación de inseguridade debido a que non existen arcéns e as cunetas están normalmente sen limpar e cheas de maleza.

Para o BNG aínda resulta máis estraña esta negativa do alcalde pois só se trataba de facer a solicitude polo pleno de forma conxunta, xa que crían que a petición tería máis forza deste xeito. “Tería que ser a Deputación quen fixera a obra e correra cos gastos, pois é unha estrada da súa propiedade e xa fixo máis obras deste tipo noutros concellos”, dixo Xosé Ferreiro. “Non tería ningún custe para o concello e aínda así negouse a apoiar as peticións” continuou o voceiro nacionalista.

Por desgraza, esta é unha práctica habitual no señor Pardo, pois no pleno do mes de outubro tamén impediu que o Pleno de forma unánime apoiara a petición para ampliar a estrada de Mosteiro, tamén por temas urxente de seguridade, así como a ampliación e rexeneración da estrada que vai de Bonxe a San Fiz, dado que é unha das que presentan peor estado do concello e está totalmente intransitable. Daquela e agora a xustificación da negativa foi a mesma: “Hai moitas estradas que hai que amañar ademais desas”. Dende o BNG cren que en todo caso por algunha haberá que empezar e que con ese argumento nos levaría a que nunca se poderá arranxar ningunha, pois sempre quedarán outras.

Lamentamos profundamente a neglixencia do alcalde con respecto ás estradas da Deputación, pois en 12 anos xamais fixo ningún tipo de trámite, pro escrito ou en persoa, para que estas estras estivesen nunhas condicións decentes. Perece evidente que o alcalde prefire que as estradas da Deputación estean en mal estado para así poder botarlles a culpa a eles. “O problema é que mentres tanto que sufrimos os buratos e as fochancas somos os veciños e veciñas de Outeiro, rematou Xosé Ferreiro.

0.20018911361694