O BNG pediu un informe sobre os resultados da prevención da violencia machista nos colexios

TerraChaXa | AMariñaXa
A viceportavoz do BNG pediu o Goberno Popular un informe sobre os resultados da prevención contra a violencia machista nos centros educativos, xa que según dín dende o BNG "leva doce anos incumprindo esta obriga legal que permitiría avaliar a eficacia dos materiais, currículos académicos, formación dos docentes neste materia e desenvolvemento das medidas e actuacións para educar en igualdade".
11 Xan 2019

A viceportavoz do BNG pediu o Goberno Popular un informe sobre os resultados da prevención contra a violencia machista nos centros educativos, xa que según dín dende o BNG "leva doce anos incumprindo esta obriga legal que permitiría avaliar a eficacia dos materiais, currículos académicos, formación dos docentes neste materia e desenvolvemento das medidas e actuacións para educar en igualdade". A Lei de prevención e tratamento integral da violencia machista establece no seu artigo 22.3 a obriga de elaborar desde o Consello Escolar de Galiza, un informe anual que avalíe o resultado da coeducación e a prevención da violencia de xénero nos centros educativos do país.
A viceportavoz do BNG defendeu na Comisión de Educación a elaboración dese informe e a súa remisión á Cámara no prazo dun mes. “O PP non deberían ter problema en aprobar esta iniciativa posto que só se trata de cumprir a lei”, salientou Olalla Rodil, que cualificou estes informes de “fundamentais para motorizar e facer seguimento do material educativo e dos plans de educación en igualdade como se indica na propia lei”.
Entre as razóns de que nunca se fixera ese informe doce anos despois de entrada en vigor da lei, a viceportavoz do Bloque sinala o feito de que “a Xunta de Feixóo foi baleirando de contido o Consello Educativo e ata tal punto chega o desinterese por este organismo que leva sen reunirse un ano”, denunciou.
“Trátase de cumprir a lei, que se faga ese informe e que se remita ao Parlamento para poder debater sobre o mesmo. Un mes debería se prazo suficiente aínda que desde o BNG hai disposición a amplialo”, explicou.  Rodil valora os avances realizados para educar en igualdade, pero considera que queda moito por facer máxime cando o educativo é un ámbito fundamental para combater a violencia machista entre a xente nova.
De feito, lembrou que o último informe da Fiscalía Superior de Galiza alerta sobre un incremento do 25% dos casos de violencia de xénero entre menores (20 casos) e advertía tamén que esta era unha tendencia a alza que se confirmaba cos datos. “O nivel educativo é crucial para erradicar a violencia de xénero”, recalcou Rodil, de aí a importancia de avaliar a eficacia das medidas adoptadas no ámbito escolar a través dese informe anual que, sen embargo, foi vetado polo PP.
 

0.18296790122986