O BNG presenta un Vilalba a proposta dunha lei de residencias

TerraChaXa
O acto celebrarase hoxe, ás 12 horas, no Restaurante Terra Chá de Vilalba. Intervirán Mónica García, e a deputada Olalla Rodil
cartaz vilalba residencias_portada
cartaz vilalba residencias_portada
19 Mar 2022

O Bloque Nacionalista Galego presenta hoxe, 19 de marzo, en Vilalba a súa proposición de lei para un novo modelo de residencias.

O acto celebrarase no Restaurante Terra Chá ás 12 horas, no que intervirán a responsábel local do BNG, Mónica García, e a deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil.

O BNG propón un novo sistema garantir unha vellez digna ás persoas maiores, sexan cal sexan as súas circunstancias económicas e sociais, e desde o criterio de que non son meros usuarios e usuarias senón suxeitos de dereitos.

Olalla Rodil destacou a importancia de promover este novo modelo de coidados “desde o BNG impulsamos unha batería de medidas que permita ás persoas maiores desfrutar desa etapa vital no seu fogar, mais cando non exista esa posibilidade, débese dispoñer dun modelo de residencias públicas capaz de garantir o dereito a unha vellez digna”

A responsábel do BNG en Vilalba, Mónica García, animou a participar neste acto para coñecer a proposta do BNG “convidamos a todas e todos a que participen neste acto que organizamos para que coñeza de primeira man como é o actual funcionamento das residencias e a aposta do BNG por outro modelo máis humano”

0.18509817123413