O BNG presenta unha serie de iniciativas para impulsar a permuta de terras

TerraChaXa | LugoXa
O goberno do PP coa axuda dos alcaldes de turno está a promover 3 proxectos piloto para concentrar parcelas a base de permutas, como é o caso do concello de Friol, estes proxectos terán beneficios como asesoramento e axudas para legalizar as fincas.
carmen aira permuta terras
14 Out 2023

O goberno do PP coa axuda dos alcaldes de turno está a promover 3 proxectos piloto para concentrar parcelas a base de permutas, como é o caso do concello de Friol, estes proxectos terán beneficios como asesoramento e axudas para legalizar as fincas.

Para a deputada nacionalista “”está claro que a concentración parcelaria se quedou como unha figura que non cumpre co fin para o que fora deseñada”, o que demostra demoras de tantos anos que ás veces a entrega de títulos de propiedade ocorre cando as persoas xa non se encontran en condicións de labrar a terra.

“Era pois urxente poñer a funcionar medidas como as permutas” demanda Carme Aira que dende logo, son de todo menos unha innovación pero que poden axudar a resolver a problemática que xera o minifundismo.

Por todo o país existen dende hai décadas iniciativas privadas de concentración de terras a base de permutas que a día de hoxe precisarían legalizarse. Precisamente no concello de Friol 3 dos 4 veciños permutaron terras, abriron camiños xa hai case 2 décadas, en cambio van quedar excluídos de calquera axuda e da posibilidade de darlle seguridade xurídica a esta situación.

Por isto o BNG no Parlamento demanda que se cree unha figura de coordinación entre o goberno da Xunta e os Concellos que permita facer unha mobilización de terras efectiva e áxil, que detecte os casos de permutas sen legalizar para incluílas dentro do asesoramento e axudas para gastos de notaría e rexistro da propiedade.

0.17701411247253