O BNG presentou unha moción para a creación de ciclorrúas en Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
16 Jun 2020

O BNG de Viveiro vén de presentar a súa moción para un Viveiro ciclable á veciñanza, incluíndo a todos os grupos políticos, asociacións e colectivos onde en xeral mostráronse moi recepcionistas á idea, afirma Míriam Bermúdez, e informa que “esta moción do BNG foi presentada a todos os partidos políticos de Viveiro e asociacións do Concello con fin de que fagan as súas engádenas e suxerencias para lograr xuntas a coexistencia de bicicletas con outros vehículos no municipio, que non vai sin tempo!”

“Non se trata dunha moción máis para facer un “suposto carril-bici” e deixalo aí, trátase de facer toda unha rede ciclista, de cambiar o rol da bicicleta en Viveiro por completo dándolle a máxima das prioridades,” asegura Bermúdez, “nunca se presentou en Viveiro proposta parecida”.

A moción do BNG inclúe a creación de ciclorrúas, limitando as zonas urbanas do Concello a 30km/h, sinalando claramente a preferencia ciclista coa obrigatoriedade de circular polo centro do carril. Esta medida de circular polo centro do carril está comprobado que aumenta drásticamente a seguridade dos ciclistas convertíndoo nun vehículo máis con plenos dereitos e preferencias, fainos máis visíbeis, fai que os vehículos que os adiantan respecten mellor as distancias, evíta accidentes contra vehículos aparcados que abren a porta ou saen do estacionamento, etc.

Dotar de aparcabicicletas os lugares públicos e de gran afluencia do concello, visíbeis, iluminados e que permitan atar a bicicleta ao cadro da mesma. Posibles ubicacións: centro de saúde, inicio avenida de cervantes, avenida de Ferrol, paseo marítimo, zonas escolares, praias… Os actuais aparcabicis só permiten candar a roda facilitando moito o seu roubo.

Permitir amarrar libremente as bicicletas e patíns en farolas e árbores sempre e cando non se dificulte a mobilidade peonil e pintar zonas avanzadas de espera para ciclistas nos semáforos do concello. Estes espazos permitirían aos ciclistas situarse diante dos vehículos detidos nos semáforos en vermello.

Crear unha comisión de seguemento e estudo co fin de seguir ampliando os viais de preferencia ciclista e creación de carrisbici ao longo de todo o concello. Permitirase a participación aos membros das asociacións interesadas (veciñais, deportivas…) do municipio así como a cada grupo politico.

Míriam Bermúdez destaca que “no BNG estamos á escoita de quen queira facer as súas aportacións para engadir a esta moción”, e afirma que poden contactar coa formación nacionalista polo medio que máis lle conveñan, como pode ser a través das redes sociais do BNG, escribíndo un correo electrónico a b.n.g.viveiro@gmail.com ou contactando con calquer membro da formación nacionalista.

0.15499711036682