O BTTeando por Guitiriz pecha o programa do ano cunha saída con 60 participantes

TerraChaXa
Contou cun percorrido de 20 quilómetros pola contorna da parroquia de Lagostelle
futa-fin-de-ano-btteando-por-guitiriz
30 Dec 2024

O programa BTTeando por Guitiriz, organizado polo Concello e o Club Btteiros Cova da Serpe, reuniu a preto de 60 participantes na Ruta de Fin de Ano, a derradeira do 2024 e tamén da actual temporada.

A saída tivo lugar o pasado domingo, 29 de decembro, e contou cun gran número de participantes que percorreron 20 quilómetros pola contorna da parroquia de Lagostelle.

A ruta empezou ás 10:00 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz, mesmo punto onde foi a chegada. A mañá estivo ideal para andar en bicicleta, cunha temperatura agradable para a época do ano e sen precipitacións, polo que os participantes puideron gozar dunha agradable mañá de deporte na que descubriron os camiños da parroquia guitiricense de Lagostelle.

Esta ruta pon o punto e final á actual temporada do programa BTTeando por Guitiriz, que neste 2024 contou cun total de oito saídas na que foi a súa sexta edición.

0.16203212738037