O Campionato Galego de Karting pechou a tempada a fin de semana en Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
O sábado foi o día para os adestramentos libres e as carreiras dos máis novos, mentres que o domingo decidíronse os campionatos autonómicos en varias categorías
carreira-de-cars-outeiro-de-rei
1 Out 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Karting pechou a tempada 2024 cunha gran participación e un ambiente de emoción no circuíto de Outeiro de Rei. Con 73 equipos rexistrados, o evento atraeu a numeroso público, quen gozou de dúas xornadas cheas de adrenalina e un clima asollado que acompañou á perfección.

O sábado foi o día para os adestramentos libres e as carreiras dos máis novos, mentres que o domingo decidíronse os campionatos autonómicos en varias categorías.

Aroa Fernández brillou na categoría rookie, levándose dúas vitorias e o título autonómico. Na categoría mini, Kevin Fernández e Rafael Simón repartíronse as vitorias, con Kevin levándose o título. Tamén destacaron Iván Rise na sénior e Lino Colado en KZ, quen dominou ambas as carreiras da fin de semana.

Este peche de tempada foi só o comezo do que promete ser un emocionante broche final coa segunda edición da Supercopa de Karting.

0.084402799606323