O campo municipal de Pol acollerá o partido do CD Lugo contra o Real Sporting

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O CD Lugo disputará o cuarto partido amistoso da pretempada albivermella contra un equipo de Segunda División
Club-Deportivo-Lugo-en-Catarrana-Viveiro
7 Ago 2024

O Club Deportivo Lugo enfrontarase ao Real Sporting de Xixón esta tarde, a partir das 19.00 horas no campo municipal de Pol, en Mosteiro.

Desta maneira, disputarán o cuarto partido amistoso da pretempada albivermella contra un equipo de Segunda División, e que conta co adestrador vigués Rubén Albés, que estivo guiando ao CD Lugo durante a tempada 2021-2022.

As persoas interesadas en achegarse ata Pol e desfrutar deste partido de fútbol poderán facelo pagando unha entrada de 15 euros, ou 20 euros en Tribuna, e que será gratis para os menores de 12 anos.

0.17125296592712