O campo municipal de Pol acollerá o partido de presentación do CD Lugo ante o Ourense CF

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O encontro disputarase o venres 21 de agosto ás 19:00 horas con entrada gratuíta para os abonados e prezos de 5 e 10 euros para o resto do público
campo-de-futbol-municipal-de-pol
17 Aug 2026

O Club Deportivo Lugo disputará finalmente en Pol o seu partido de presentación desta pretempada, no que se enfrontará ao Ourense CF o próximo venres 21 de agosto ás 19:00 horas. O encontro terá como escenario o Campo Municipal de Pol, despois do cambio de local inicialmente previsto.

O duelo estaba programado para celebrarse no estadio Anxo Carro, pero os traballos de coidado e mantemento que continúan realizándose sobre o céspede levaron ao club a trasladar o partido. O obxectivo destas actuacións é que o terreo de xogo albivermello chegue nas condicións habituais ao inicio da competición ligueira.

O encontro contra o Ourense CF será, ademais, a última proba de preparación para o equipo dirixido por Borja Fernández antes do comezo da liga. O CD Lugo iniciará a competición o domingo 30 de agosto ás 19:15 horas, visitando o estadio Reina Sofía para enfrontarse ao Unionistas CF.

En canto ao acceso ao partido de presentación en Pol, os abonados do CD Lugo poderán entrar de maneira gratuíta, sempre que presenten o seu carné nos accesos ao Campo Municipal.

Para o resto dos asistentes, o prezo será de 5 euros para a entrada infantil, destinada a menores de 14 anos, e de 10 euros para a entrada xeral.

O Campo Municipal de Pol converterase así este venres no escenario da última cita de pretempada do CD Lugo, nun encontro que permitirá ao conxunto albivermello realizar o seu último ensaio antes de afrontar o inicio oficial da competición.

0.12245011329651