O campus mixto do Vilalba FS deste ano estará apadriñado por Ismael Vázquez Villares

TerraChaXa
Está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos e os que desexen anotarse teñen aberto o prazo
presentacion-campus-vilalba-fs
14 Jun 2026

O Vilalba FS organiza este ano a sexta edición do Campus Mixto, que está convocado para celebrarse entre o 22 e o 26 de xuño (co 24 incluído aínda que é festivo) e entre o 29 de xuño e o 3 de xullo. O evento foi presentado no Concello xunto ao "eterno capitán", Ismael Vázquez Villares, que será o padriño deste campus que cada ano reúne a decenas de nenos e nenas.

Durante este campamento desenvolveranse actividades de fútbol sala, baloncesto, tenis e moitos outros deportes en xornada continuada de 9.30 a 19.30 horas con tentempé, comida e merenda incluídas. Ademais, inclúe visitas de grandes profesionais, torneos e outras actividades lúdicas.

Este campus está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos e os que desexen anotarse teñen aberto xa o prazo. Está organizado por Forma-T Vilalba FS e informará sobre o mesmo nas oficinas do club, no pavillón municipal de Vilalba. Tamén ofrecen información nos teléfonos 639 620 978, 647 917 259, 686 969 989 e 628 529 172; ademais de no correo vilalbafs@yahoo.es.

O campamento terá un prezo de 190 euros por neno -xogador e de 170 para os irmáns por unha semana. Os que queiran dúas semanas deberán pagar 350 no primeiro caso e 310 no segundo.

0.13856601715088