O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, únese á reivindicación dos veciños e veciñas que reclaman á Deputación de Lugo a mellora da estrada de Vilela, que é a LU-133.">

O candidato do PP á alcaldía de Ribadeo reclama a mellora da estrada de Vilela

TerraChaXa | AMariñaXa

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, únese á reivindicación dos veciños e veciñas que reclaman á Deputación de Lugo a mellora da estrada de Vilela, que é a LU-133.

data beer Image 2019 01 24 at 17.56.15
data beer Image 2019 01 24 at 17.56.15
9 abr 2019

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, únese á reivindicación dos veciños e veciñas que reclaman á Deputación de Lugo a mellora da estrada de Vilela, que é a LU-133. O grupo popular solicitou na Deputación o pasado 21 de marzo que se incremente o orzamento para investir nas estradas da rede viaria provincial.

Daniel Vega explicou: “trasladámonos á estrada de Vilela, que así coñecemos todos á LU-133, para reivindicar cos veciños o arranxo de inmediato desta estrada. É unha vía que ten moito tráfico rodado, tamén pola que moitos veciños van paseando e que os xogadores da SD Ribadeo usan para ir adestrar ao campo de fútbol. Nós pedimos que se incremente a partida orzamentaria para arranxar esta estrada e solicitamos algo moi concreto: arranxo do pavimento, construción de beirarrúas, nova iluminación con renovación das farolas e tamén dotala de papeleiras e de bancos. Reclamamos ademais a construción de dúas pasarelas exteriores na ponte, para que as persoas vaian camiñando por elas e así evitar algún risco de accidente”.

O alcaldable do PP ribadense engadiu: “estámolo pedindo cos veciños desta estrada e polo tanto esperamos que a Deputación e o Concello non escollan a postura de perfil, que se unan a esta reivindicación e que a Deputación invista na mellora desta estrada”.