O Castro FSF feminino sénior acada o ascenso a Primeira RFEF

TerraChaXa | LugoXa
O Castro FSF recibiu ao Atlético Torcal FSF e coa vitoria sobre o mesmo conseguiu o ascenso nin máis nin menos que á Primeira RFEF Feminina.
ascenso fsf castro feminino a primeira
ascenso fsf castro feminino a primeira
21 Maio 2023

O Castro FSF recibiu este sábado ao Atlético Torcal FSF e coa vitoria sobre o mesmo conseguiu o ascenso nin máis nin menos que á Primeira RFEF Feminina polo que por primeira vez na súa historia xogará na primeira división do fútbol sala feminino.

O partido deu comezo ás 18:30 horas, xusto despois de recibir o trofeo que o acreditaba como campión de liga. Trofeo que recibiu de mans de Pablo Prieto, vicepresidente da RFGF responsable do fútbol sala.

As chairegas veceron por un 3-1 nun duelo no que o conxunto malagueño non o puxo fácil. Malia o resultado, o Torcal foi o primeiro en marcar. O Castro reaccionou rápido e en tres minutos logrou o empate pero non sería ata a segunda metade cando o Castro collería a vantaxe suficinete para lograr o fito histórico e entrar na elite do fútbol sala nacional.

0.17759919166565