O CD As Pontes retrasa ao 10 de xullo as asembleas

TerraChaXa
Abriu o prazo de inscrición para darse de alta a nova tempada
xogador-futbol-cd-as-pontes
Xogador do CD As Pontes
8 Xul 2024

A Xunta Directiva do Club Deportivo das Pontes, pon en coñecemento de todos os socios do club que a Asamblea Ordinaria e a Asemblea Extraordinaria de Socios/as, previstas inicialmente para o día 27 de xuño de 2024, pospuxéronse debido a circunstancias totalmente imprevistas e de forza maior, as cales se explicarán debidamente durante a propia asemblea.

A nova data será o día 10 de xullo, mércores, manténdose sen cambios tanto as ordes do día como o lugar e horario previstos, celebrándose polo tanto no salón de actos do LAR coa primeira convocatoria ás 19:00 horas e a segunda ás 19:30 horas.

Por outra banda, o club abriu o prazo de renovación de altas para a próxima tempada 2024/25. O club estableceu un enlace para a descarga de documentos, que deberán ser enviados a cdaspontes@gmail.com

0.15373420715332