O CD Castro celebra a súa reunión anual o 25

LugoXa | TerraChaXa
O xantar terá lugar na Carballeira de Castro Ribeiras de Lea
festa-do-cd-castro-cea-anual-portada
Cartel da xuntanza
17 Maio 2024

Coa tempada a piques de terminar, o CD Castro celebra o sábado 25 a súa comida de confraternidade na que se festexa os éxitos acadados este ano por todos os equipos que conforman o club.

O xantar terá lugar na Carballeira de Castro Ribeiras de Lea. Ten un prezo de 30 euros e contará cunha sesión vermú amenizada polo dúo Merengue antes do xantar. Pola noite e despois de toda unha tarde de celebración, terá lugar unha festa verbena con sorteos e moitas sorpresas.

No menú hai empanada, embutidos, xamón cocido, churrasco mixto, criollo, chourizo, patacas, pan, bebida, café e sobremesa. Os menores de 4 a 12 anos pagarán a metade.

Para asistir será necesario a reserva de praza con Dumi no 627 903 692.

festa-do-cd-castro-cea-anual
0.21247601509094