O CD Cospeito celebra este sábado un torneo de tute

TerraChaXa
O CD Cospeito celebrará o día 12 de novembro un torneo de tute para parellas para o que o prazo de inscrición xa está aberto.
23 Feb 2024

O CD Cospeito celebrará este sábado, 24 de febreiro, a segunda edición do torneo de tute de Entroido.

Este evento terá lugar na cámara agraria da Feira do Monte a partir das 18.00 horas e recibirán un premio en metálico as catro parellas mellor clasificadas na xeral e as 4 da repesca. Recibirán os gañadores da xeral 1.500 euros, con 700 para o segundo e 3oo e 200 para o resto. Na repesca os premios serán de 600, dous de 200 e outro de 100. Haberá unha segunda repesca cun primeiro clasificado, que recibirá 200 euros, e un segundo, con 100 de premio.

A inscrición inclúe a cea, que constará de empanada, pinchos, lacón e tortilla.

0.18269205093384