O CD Xermade organiza unha nova cea baile de Entroido o 15 de marzo
									TerraChaXa								
			Para anotarse hai que facelo antes do día 12 de marzo
 					
					
26 Feb 2025
			
				O CD Xermade organiza o sábado 15 de marzo unha cea baile con motivo do Entroido, que se desenvolverá no restaurante O Paso de Candamil.
Haberá táboas, luras, croquetas e polbo, xarrete, sobremesa, café e licores a un prezo de 35 euros e organizado pola directiva do club.
Para anotarse hai que facelo antes do día 12 de marzo coa directiva do club, no propio restaurante ou no Bar Pita.
