O CD Xermade organiza unha nova cea baile o 11 de abril

O CD Xermade organiza o sábado 11 de abril a súa cea baile anual, que se desenvolverá no restaurante O Paso de Candamil.
Haberá táboas, luras, croquetas e polbo, xarrete, sobremesa, café e licores a un prezo de 35 euros e organizado pola directiva do club.
Para anotarse hai que facelo coa directiva do club, no propio restaurante ou no Bar Pita.