O CEIP de Meira xa conta con sinalización das aulas con poemas de Avelino Díaz

TerraChaXa
O obxectivo de todas estas actuacións é conseguir que unha xornada das Letras Galegas sexa dedicada ao poeta local
sinalizacion-colexio-meira-avelino-diaz1
Sinalización dunha aula no CEIP de Meira
16 Maio 2024

O CEIP Poeta Avelino Díaz de Meira inaugurou a nova sinalización das súas aulas, con estrofas de poemas de Avelino.

En cada corredor componse un poema a partir das estrofas que identifican cada aula. Por outra parte, a aula de Música e a biblioteca do centro aparecen identificadas con estrofas alusivas, respectivamente, á súa función específica. En concreto, trátase dos poemas Meira, Miño, A festa de Meira, A nosa fala, Canzón pr-ó sono d-un neno e Eiquí tedes.

Araceli Pillado, Carlos Veiga García, Mario Outeiro Iglesias e Agustín Méndez, membros da asociación, acudiron ao evento, sendo agasallados cun marcapáxinas con versos de Avelino Díaz.

O obxectivo de todas estas actuacións é conseguir que unha xornada das Letras Galegas sexa dedicada ao poeta local.

0.14115381240845